Agolada
Curso de Pintura
Nos
Iniciativas de Creatividade e de Expresión Plástica..
O Concello de Agolada, e unha entidade local, rural e de interior situada nos lindeiros das provincias de Pontevedra (a que pertence), A Coruña e Lugo.
O seu caracter eminentemente rural e a sua dimensión poboacional e xeográfica, fan necesario dispor de medios que activen a creatividade e a expresividade dos nenos e dos adultos.
O gusto pola plástica e as artes fan de Agolada, berce de numerosos artesans de traballos en pedra, madeira e agora tamén de pintura.
Do intercambio de impresions entre persoal do Concello e a Licenciada en Belas Artes, María José Senande "Se Senande", xurdiu a idea de promover as artes plásticas entre aqueles interesados que poideran darse no Concello de Agolada. Nun primeiro momento a idea era orientalo cara a aqueles nenos e nenas da zona, con vistas a potenciar a súa creatividade e dado que a maioría dos nenos e nenas lles soe gustar xogar a dar cor e dibuxar .... que mellor que a pintura, onde se conxugan ambas experiencias.
Debido ao interese manisfestado por adultos da zona en poder participar, se estableceron grupos de traballo en horarios factibles para todos, de xeito que ninguén quedara fora.
Agoara estamos a traballar na preparación de novos grupos de cara ao vindeiro curso 2014/2015, se estas intersado aínda que non sexas de Agolada e queres participar, anótate dirixíndote ao Concello de Agolada mediante a ficha de preinscripción, os horarios axustarémolos despois .......... Unha forte Aperta...