A Igrexa de San Xulián de Ventosa está ubicada na parroquia do seu mesmo nome "Ventosa". Á mesma pódese chegar a través do vial que une os limítrofes concellos de Agolada e Rodeiro, a uns 6 kilómetros do núcleo de Agolada.
A súa maior particularidade reside na existencia de un importantísimo grupo escultórico, tal e como se pode apreciar nas imaxes.
O grupo escultórico foi desmontado arredor do ano 1.895 e de novo reubicado en diferentes partes da nave principal.
Ademáis de ditos elementos e descubertos xa en datas moito máis recentes, pódense apreciar varias pinturas murais de gran colorido.
Co pasar do tempo, a igrexa románica primitiva foi sufrindo importantes reformas, que modificaron sustancialmente o seu deseño orixinal.
A súa pranta actual e do tipo "Cruz Latina".
No século XVI se abriu á ábsida, unha capela ao lado Norte e unha sacristía ao sur. Posteriormente, no século XIX fo derrubado o arco triunfal e se ampliou o ábsida, pasando estes dous espazos a ter a función de capelas laterais abertas a nave principal mediante grandes arcos e derivando na creación dun falso cruceiro. Durante esta reforma se desmontaron os baldaquinos e se reubicaron as pezas ao longo dos muros laterais da nave principal.
Os seus muros están compostos por pedra de sillería granítica de cor grisaceo con vetas vermellas. Os muros do exterior se levantan sobre unha especie de zócalo de dúas tiras onde se atopan as pedras de maiores dimensións facendo unha base e aportando consistencia a construcción que se levanta sobre estes.
Na parte inferior da fachada occidental, atopamos unha portada abocinada, rematada con dúas arquivoltas de medio punto e sostidas por colunas.
Sobre esta portada se conservan a media altura ménsulas coa parte inferior redondeada, e sobre ela se asenta unha estructura de madeira que actua coma alpendre.
Na parte alta dos muros laterais se abren "saeteras" que presentan un corte semicircular nos remates interior e superior, dúas no Norte e unha no Sur.
Lixeiramente por baixo do nivel das fiestras aparecen unhas grandes ménsulas en forma de "cuarto de bocel" ( cuarto bocel: Moldura convexa de sección transversal de cuarto de círculo.), e que servían coma as da fachada principal para soster os seus respectivos alpendres.
Ao interior se acede polas portas meridional e ocidental.
Dito espazo esta recorrido por arcos de medio punto, e iluminado por catro aspilleiras, ubicadas unha no muro occidental , dúas no muro septentrional e outra no meridional. Probablemente, debiu de existir outra desaparecida ao construirse a sepultura.
O sepulcro conten o corpo dun eclesiástico anónimo, aínda que son varios os intelectuais que o vencellan co Abade Lópe de Ventosa.
A riqueza iconográfica das esculturas segue os principais modelos galegos, que unido a gran calidade das tallas as convirten nun ambicioso conxunto.
E moi probable que, como sosteñen os estudos levados a cabo por Fejoó Martínez, Hervás Herrera e Marañón López, os baldaquinos pertenceran a outro edificio e foron trasladados a Ventosa.
Podemos e debemos destacar ademáis a presenza de pinturas murais conservadas na parte alta dos muros. Este importante conxunto escultórico e pictórico acaparan a maior importancia e atención por parte dos diferentes estudos que sobre a Igrexa de Ventosa se teñen efectuado.