A Ponte dos Cabalos
Ben patrimonial inventariado, coñecido como “Ponte dos Cabalos”,
42 º 43´ 34.7´´N 8º 01´ 33.3´´W
Trátase dunha ponte medieval sobre o Río Arnego e ubicada no Camiño Real que discorre entre os lugares de Parada e Laxosa, que pertencen respectivamente ás parroquias de Santa María de Parada no Concello de Lalín e San Miguel de Gurgueiro no Concello de Agolada.
É un dos monumentos máis antigos da bisbarra e a única que queda en pé das seis construídas na Idade Media e que enlazaban Deza con Antas de Ulla. Construída no ano 970 sobre o Río Arnego, tamén era coñecida como "Ponte do portádego", xa que cumpría pagar un imposto para cruzala, para este fín había unha pedra situada no lugar de Parada, este nome designa todos aqueles lugares ao longo dos camiños onde se cobraba a "parata", o que viña sendo unha aduana da época.
Conta con dous arcos de medio punto sobre os que se apoia o taboleiro de grandes laxes. A contorna e de gran beleza.
Dita “Ponte dos Cabalos” se atopa actualmente en mal estado de conservación, polo que resulta necesario levar a cabo distintas obras na mesma. Con tal finalidade celebrouse o
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE LALÍN E O CONCELLO DE AGOLADA PARA SOLICITAR UNHA SUBVENCIÓN NA CONVOCATORIA PUBLICADA POR RESOLUCIÓN DA AGADER DE DATA 30 DE DECEMBRO DE 2016
e elaborouse o denominado Estudo Previo de Restauración da “Ponte dos Cabalos” polo Arquitecto D. Luís Fernández Fernández, en data do mes de marzo de 2017
En dito Estudo Previo diferénciase entre:
-
Obras de restauración da construción da “Ponte dos Cabalos”, necesarias e imprescindibles para asegurar a conservación do mesmo e que inclúen a reparación, limpeza, consolidación e reconstrución dos elementos integrantes e fundamentais da Ponte.
-
Actuacións de carácter non construtivo: limitar o uso da “Ponte dos Cabalos” excluíndo totalmente calquera tipo de vehículo a motor, para evitar que as obras de restauración planeadas tan só sirvan para atrasar a ruína do mesmo.
-
Actuacións de mellora, que sen ser imprescindibles para a conservación inmediata da Ponte, sirvan para
mellorar a comprensión e desfrute deste ben patrimonial, tales como instalación de elementos disuasorios da circulación de vehículos a motor sobre a Ponte, instalación de cartelería informativa e execución dun acceso á zona inferior da Ponte.
-
Actuacións de recuperación no Camiño Real que atravesa a Ponte, aproveitando para sinalizalo convenientemente e relacionalo con outros elementos de valor patrimonial ou relevancia paisaxística ou turística, así como núcleos de poboación.
Por unha banda, o Concello de Lalín asume os custes derivados da redacción do Proxecto da obra denominado Estudo Previo de Restauración da “Ponte dos Cabalos”, elaborado polo Arquitecto D. Luís Fernández Fernández.
Por outra banda, o Concello de Agolada asume a disposición dos predios necesarios para a realización das obras segundo os planos do Estudo Previo de Restauración da “Ponte dos Cabalos”, elaborado polo Arquitecto D. Luís Fernández Fernández.