ROTEIRO "SOBREIRAIS do ARNEGO"
A zona sobre a cal se procedeu a realizar a actuación atópase situada dentro da Rede Natura 2000, e foi declarada Lugar de Importancia Comunitaria Sobreirais do Arnego, o 29 de decembro do ano 2004, e identificada co código LIC: ES1140015. Posteriormente, o día 31 de marzo de 2 Conservación Sobreirais do Arnego" identificada co código ZEC: ES1140015, no Decreto 37/2014 , do 27 de marzo de 2004, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Este espazo protexido, que ocupa unha superficie de 1.124 ha, correspóndese coa masa arbórea adxacente ao río Arnego, afluente do río Ulla.
As parroquias nas que se empraza son: Arnego e Toiriz (Vila de Cruces); Brocos, Brántega, Carmoega, Belpellos, Vilariño, Esperante e Gurgueiro (A Golada); Galegos, Rodís, Cadrón, Parada, Muimenta e A Veiga (Lalín). A maiores, existe outra figura de protección que é a zona de especial Protección dos valores Naturais "Sobreirais do Arnego".
O sendeiro , discorre paralelo ao leito do río Arnego, atravesando un área forestal formada principalmente por sobreiras (Quercus Suber). A pesar de que a sobreira é unha especie propia de climas máis suaves, o microclima existente na zona, permite que as sobreiras pervivan e prosperen no Val do Río Arnego. Nalgúns tramos da ruta, esta distánciase do río debido a topografía do terreo e a existencia afluentes do río principal. Esta ruta, que ten o seu inicio no área recreativa existente a carón da Ponte Vilariño, e remata no área recreativa existente en Ponte Carmoega, cun percorrido total duns 11 quilómetros que poderase realizar nunhas catro horas, transcorre por unhas paraxes cheas de lendas e misterio, e sobre todo gozar das paisaxes naturais que o río Arnego vai esculpindo entre bosques centenarios. Pontes, muíños, camiños, miradoiros naturais e o propio río, son os alicientes desta ruta.
Dende a Ponte Vilariño ata a Ponte Carmoega, existe unha rede de carreiros e sendeiros non sinalizados que, en partes, precisan de desbroce ou de adecuación do firme. O sendeiro rase localizar facilmente mediante as seguintes coordenadas UTM, que marcan o punto de inicio e chegada da mesma:
PUNTO DE INICIO DA RUTA:
Área recreativa de Ponte Vilariño (Agolada)
Coordenadas UTM 29 N, WGS84: X: 579.899 ; Y: 4.733.155
PUNTO FINAL DA RUTA:
Área recreativa de Ponte Carmoega (Agolada)
Coordenadas UTM 29 N, WGS84: X: 573.338 ; Y: 4.735.977